
CÓNTAME
A TÚA IDEA
Se queres sorprender a alguén cun agasallo diferente para o seu aniversario, voda… ou ben se queres unha canción a medida para un evento, publicidade, creación audiovisual, podcast, canle de Twitch, YouTube, ou calquera cousa que se che ocorra, contacta conmigo e cóntame a túa idea.
ESCOLLE FORMATO
E IDIOMA
Dependendo do tipo de canción que queiras que compoña e do que queiras gastar, hai tres formatos distintos para escoller. Desde un formato íntimo con guitarra ou piano e voz, ata outro de banda completa.
Escolle tamén o idioma: se queres que a túa canción sea composta en galego ou en español.
COMPOÑO A
TÚA CANCIÓN
Con toda a info que me deas e sobre o formato escollido, compoñerei unha canción feita completamente a medida, única e totalmente artesanal, cunha letra e música escritas e arregladas exclusivamente para a ocasión, sen bases musicais prefabricadas.

COMO FUNCIONA
RETAL MUSICAL
E se lle pos música a esa mensaxe especial que estás desexando compartir? Podes facelo cunha pequena composición a guitara ou piano e voz dun minuto de duración.
77€
IVE incluído
FORMATO
ÍNTIMO
É o máis parecido a ter un cantautor cantando a túa historia dun xeito íntimo e persoal, só cun instrumento base (guitarra ou piano) e a súa voz.
Gustaríache algo así?
177€
IVE incluído
FORMATO ÍNTIMO
FORMATO
ACÚSTICO
Se o que queres para interpretar esa canción tan especial é un formato en acústico, formado por poucos instrumentos non hai dúbida de que esta é a opción que estabas buscando.
Que che parece?
247€
IVE incluído
FORMATO ACÚSTICO
FORMATO
BANDA
Toda unha banda formada por varios instrumentos darán o mellor de si para facer aínda máis grande esa canción que será a mellor banda sonora da túa vida.
Non merece a túa historia algo así?
347€
IVE incluído
FORMATO BANDA
FORMATO
MEDIOS
Se precisas unha música á medida para o teu podcast, programa de radio ou tv, canle de Youtube, cuña publicitaria... Contáctanos sen compromiso e crearemos a canción idónea para o teu proxecto.
CONSULTAR
FORMATOS
En canto aos prazos de entrega, coma en todo bo traballo artesanal, as présas non son boas aliadas.
Por iso, e pensando en que o resultado final sexa óptimo, recomendamos facer o encargo cun pouco de antelación. En calquera caso, consúltanos a dispoñibilidade para poder confirmar a data de entrega da túa canción :)
Dependendo do número de instrumentos que queiras escoller, existen varios formatos distintos con combinacións diferentes.
Podes escoitar, tamén, os exemplos que hai a continuación por se tes algunha dúbida. Recorda que son só exemplos e que o resultado final de cada canción dependerá do que mellor se adapte á historia e ao que queres transmitir.
Para que te fagas unha idea, poñamos de exemplo a historia dunha parella: ela é do Dépor, el, do Celta. Coñécense unha fin de semana en Londres, no Salón do Cómic, e comezan a súa relación un 24 de xullo, coincidindo coa Festa da Dorna en Ribeira.
Dependendo do formato que elixas, a canción podería quedar así:
Canción DeSastre é unha proposta de cancións personalizadas na que ti serás protagonista dunha composición feita á túa medida, única e completamente artesanal.
COMPOSICIÓN
DA CANCIÓN
(MÚSICA E LETRA)
COMPOSICIÓN
DE ARRANXOS INSTRUMENTAIS
(SEGUNDO O FORMATO ESCOLLIDO)
GRAVACIÓN
DE VOCES E INSTRUMENTOS
MESTURA E
MASTERIZACIÓN
QUE HAI DETRÁS DO
PREZO DE CADA CANCIÓN
Detrás de cada canción hai moitos anos investidos en formación musical e anos de experiencia creando e escribindo cancións tanto propias coma personalizadas. Un músico profesional que pon o seu coñecemento para escribir unha letra, vestila cunha música, adornala con distintos instrumentos e darlle unha mestura e un máster para que todo goce da calidade que mereces, ten un custo. Polo tanto, o prezo de cada formato, inclúe:

O meu nome artístico é Chamaquito Pistolas (Nando Pérez) e son un músico, compositor e cantautor que leva máis de media vida entre música, letras e partituras.
Multiinstrumentista de nacemento e clarinetista de adopción, cursei os meus estudos de conservatorio entre Ribeira e A Coruña para, despois disto, comezar en 2005 a adicarme plenamente en corpo e alma á música tanto como cantautor, como músico de estudio ou directo, formando parte de bandas importantes no panorama musical galego como A Companhía do Ruido ou Os Chiquilicuatres, así como acompañando nas súas gravacións ou directos a cantautores que coñecín na miña etapa en Madrid e que me levou a actuar en salas de referencia como Galileo Galilei, Libertad 8, Sala Juglar, La Fídula, ou Sala Clamores, entre outras.
Levo compoñendo, escribindo e arranxando cancións desde fai máis de vinte anos, sendo o coidado das letras unha das miñas maiores obsesións. Dado que ademáis xa teño uns anos de experiencia compoñendo este tipo de cancións feitas á medida, a experiencia dime que para que o resultado sexa convincente, hai que adicarlle un tempo mínimo a cada un destes procesos.
Ademáis disto, levo desde 2010 co meu proxecto persoal, de nome Chamaquito Pistolas, co que gravei 3 discos autoproducidos e autoeditados e que me levou a tocar por salas de toda a península, ademáis de saír en distintos medios de prensa nacionais, así como en programas da RTVG ou en Discópolis (RNE3).